martes, 5 de octubre de 2010

E chove en Santiago. Mentres visualizo como cada diminuta gota de auga se pega na ventá, reflexiono. Penso no cambiante e convulso ritmo dos días. Tomo conciencia por fin do mundo que constrúo sen apenas decatarme. Nun breve espazo de tempo multiplicidade de caras e lares novos pretender atopar unha posible conexión. E agora, intento ollar e pensar dende unha perspectiva futura. Pero resúltame dificultoso. E chego á extrana e confusa conclusión de que concretar o abstrato non é doado, nin tan sequera positivo. A vivir o minuto, é o que me queda.
:)

1 comentario:

  1. onte tiven unha conversacion, a miles de kilometros, case identica. acostumada a ter un proxecto, aqui, atopome espida sen un sobre o que construirme. son nesos momentos, cando traballamos no mellor e mais especial proxecto de todos: nos mesmos.

    aqui tamen chove.

    ResponderEliminar