jueves, 25 de marzo de 2010

Ao longo da vida son moitas as persoas coas que te tropezas nun mesmo camiño, que por distintos e complexos motivos, se dirixían na mesma dirección ca ti. Moitas delas, deixan pegadas profundas na túa existencia, apórtanche multiplicidade de cousas e ideas, aconséllante, comparten contigo momentos irrepetibles...e mesmo che aseguran con total firmeza que queren seguir medrando contigo. E que?
meirande parte das ilusóns nun momento dado, convértense en escarmentos posteriormente. Sen embargo, por mor dos anos, que lonxe de so reflexar canas no teu cabelo e restrinxir parte da túa axilidade, acadas unha certa sabiduría que che permite seleccionar mellor as persoas, precindir daqueloutras que non che aportan o que ti precisas. E sabes? sei que ti non es de mentira. Quizais porque vin como medrabas, igual que ti viche como o fixen eu. Viche como cambiei a miña cabeleira loira de extranxeira, por unha máis autóctona, se cabe. Como pasei de dicir "pistina" a piscina e como lle saquei os "rodines" á bici rosa, que por certo, compartimos. Compartimos momentos de xogo, creamos historias xuntas, inventámonos futuros xeniais, pelexámonos por querer un mesmo nome e por haber quen collía o mausy antes. Daste conta?
Fai poucos días vin como cumprías 21 anos, vin como te fas cada vez un pouco máis vella. A miña Noe, escápase, como o facemos todos. Eu logo deixarei esto tamén, para estar máis preto de tí e máis lonxe dos mimos de papá e mamá. Non tivera o pracer de escribirche algo para que o recordases comigo, porque o 21 de Marzo cae nunha data algo fea para aqueles que facemos que estudiamos. Parabéns, de novo. Non quería que pasasen desapercibidos os teus aniños, que sen dúbida, non me deixan indiferente.

sábado, 20 de marzo de 2010

Un soño por cumprir. Un día esperado.

Fai menos dunha semana, estaba sentada na mesa da cociña en compaña de meus pais, na cotidiá tertulia que establecemos todos os días despois da cea. A tele estaba aburrida, só podiamos ver a 2, por mor dos inventos comerciais, que so nos queren valeirar o peto. Pero de súpeto, escoitei unha voz coñecida, a mesma que conseguira horas antes que me esquecese dos criteiros de evaluación dalgún que outro profesor, que sen dúbida, me inervan. Dixen: calade un minuto. Sí, alí estaba Sabina, cantando a miña canción. Recitando a mellor letra.
Músico. Poeta.
Nese momento, afirmei en voz alta que o iría ver en canto puidese.
Días máis tarde, en concreto antonte, mentres preparaba unha exposición oral de inglés, que precisamente levaría o seu nome, atopeime cunha destas páxinas en internet, que ao lexos paracen máis que parrafeiras, que me fixo descubrir case sen querelo que o mesmo Sabina estará en Lalín este verán, o 8 de Xullo, e eu, por suposto, recén cumpridos os 18 para entón, irei ata alí, para disfrutar do meu mellor agasallo de cumpre.