martes, 17 de agosto de 2010

Non é comercial, pero a nós danos igual. (Ruxe-Ruxe)

Teño medo cando penso que a sociedade está contaxiada por un efecto mimetizador. Cando creo que as persoas se están a converter en elementos en serie, todas iguais. Cando observo que a xente xa non loita polas súas ambicións nin crea unha personalidade, senón que se reflexa na doutro. Porque se algo me encanta das condicións dadas ao home é a intelixencia para poder crear. A autenticidade coa que se poden levar a cabo os momentos, para que poidan chegar a ser exclusivos, singulares, só teus. Pero claro, ao mellor non son máis ca ideas oníricas, ao mellor a miña ambición formal de conseguilo non se queda máis ca nun inútil intento. A ver se vai ser certo que xa manda máis Zara co noso estilo, a ver se vai ser certo que no século XXI non somos máis ca obxeto e vítimas dun ambicioso mundo comercial.

1 comentario:

  1. si? ti cres que a intelixencia e unha condicion dada mais? como debe pesar esa condicion dada tan grosa enton?

    creo que a ambicion nunca e formal. e a que me permite dia a dia librarme de formular enunciados loxicos. con ela permitome escapar ás subordinadas causais e entro no campo das coordinadas copulatovas: e, e tamen, e mais... podemolo todo. un enunciado sen fin, imaxinalo?
    por iso teño a certeza de que nada ambicioso pode ser comercial. o comercial ten un inicio e un fin. eu creo que a ambicion se escapa a esos parametros. ruxe ruxe pode ser que algo tamen.

    ResponderEliminar