martes, 17 de agosto de 2010

Non é comercial, pero a nós danos igual. (Ruxe-Ruxe)

Teño medo cando penso que a sociedade está contaxiada por un efecto mimetizador. Cando creo que as persoas se están a converter en elementos en serie, todas iguais. Cando observo que a xente xa non loita polas súas ambicións nin crea unha personalidade, senón que se reflexa na doutro. Porque se algo me encanta das condicións dadas ao home é a intelixencia para poder crear. A autenticidade coa que se poden levar a cabo os momentos, para que poidan chegar a ser exclusivos, singulares, só teus. Pero claro, ao mellor non son máis ca ideas oníricas, ao mellor a miña ambición formal de conseguilo non se queda máis ca nun inútil intento. A ver se vai ser certo que xa manda máis Zara co noso estilo, a ver se vai ser certo que no século XXI non somos máis ca obxeto e vítimas dun ambicioso mundo comercial.