lunes, 8 de noviembre de 2010

¡O meu oxe!

E segue a chover, cada vez con máis forza. Supoño que para min Compostela signfica surrealidade, un mundo flotante que non deixa indiferente ao descubrimento. Sorprendentes momentos fanse un oco no recordo e finais impredecibles converten a realidade nunha "anti-monotonía".
Cada día unha nova persoa se apodera da miña retina. E sigo coñecendo persoas. Persoas tan distintas e iguais no fondo. Se a palabra "cambio" xa semellaba complexa, a súa experimentación, amigos, é moito máis ca iso.

1 comentario:

  1. como me gustaria saber o referente das tuas liñas, ainda que o podo intuir... iso recordame que o ultimo dia decidimos deixar de intuir tanto e construir de novo,non? era algo parecido, santiago axudaranos! e a distancia pode que tamen nos faga mais conscientes, si.
    un saudo eri, desde o meu non lugar.

    ResponderEliminar