sábado, 3 de marzo de 2012

martes, 30 de noviembre de 2010

¡20!

29 de Novembro de 2010

Tic-tac Tic-tac

Un ano máis.

O meu "tíxasabesquen" de oxe para tí...
Cou, faste vella na distancia!
Nun "non lugar" que dalgún xeito xa che pertence.

Ao que igual que a nós nos pertencen conversas andaluzas, cancións de Sabina e mesmo composicións poéticas espontáneas!

"Non volvas, non marches"


Desta si que te agardo, cos brazos abertos.

Unha aperta. Parabéns bella ragazza!





:) E era ela, a que se pasaba horas fronte o mar, observando como se leva todo, ao igual que o tempo.

sábado, 27 de noviembre de 2010

Sensacións visuais varias.

Creo que cada día máis me subordino ás experiencias efímeras. Quizais sexa a fugacidade das cousas o que as fai tan sumamente memorables. Puidera ser que se o tempo prolongase o instantáneo, non quedase nada do especial dese momento. É paradóxico, pero no fondo, é positivo carecer moitas veces daquilo que precisamos. Dunha paisaxe, dun contexto, dunha persoa, dunha canción....si, mesmo dunha canción. Cando esa composición aleatoria de notas volva a sonar, sobrevalolarei inconsicentemente a melodía. E aínda que tan só dure uns minutos, paga a pena esperar de novo por ela no meu imaxinario e difruso mundo paradisíaco.





Nese preciso instante, inmortalicei a fermosa imaxe cunha fotografía. En realidade, estaba a imprimila no meu recordo.
VENECIA :)

lunes, 8 de noviembre de 2010

¡O meu oxe!

E segue a chover, cada vez con máis forza. Supoño que para min Compostela signfica surrealidade, un mundo flotante que non deixa indiferente ao descubrimento. Sorprendentes momentos fanse un oco no recordo e finais impredecibles converten a realidade nunha "anti-monotonía".
Cada día unha nova persoa se apodera da miña retina. E sigo coñecendo persoas. Persoas tan distintas e iguais no fondo. Se a palabra "cambio" xa semellaba complexa, a súa experimentación, amigos, é moito máis ca iso.

martes, 5 de octubre de 2010

E chove en Santiago. Mentres visualizo como cada diminuta gota de auga se pega na ventá, reflexiono. Penso no cambiante e convulso ritmo dos días. Tomo conciencia por fin do mundo que constrúo sen apenas decatarme. Nun breve espazo de tempo multiplicidade de caras e lares novos pretender atopar unha posible conexión. E agora, intento ollar e pensar dende unha perspectiva futura. Pero resúltame dificultoso. E chego á extrana e confusa conclusión de que concretar o abstrato non é doado, nin tan sequera positivo. A vivir o minuto, é o que me queda.
:)

martes, 17 de agosto de 2010

Non é comercial, pero a nós danos igual. (Ruxe-Ruxe)

Teño medo cando penso que a sociedade está contaxiada por un efecto mimetizador. Cando creo que as persoas se están a converter en elementos en serie, todas iguais. Cando observo que a xente xa non loita polas súas ambicións nin crea unha personalidade, senón que se reflexa na doutro. Porque se algo me encanta das condicións dadas ao home é a intelixencia para poder crear. A autenticidade coa que se poden levar a cabo os momentos, para que poidan chegar a ser exclusivos, singulares, só teus. Pero claro, ao mellor non son máis ca ideas oníricas, ao mellor a miña ambición formal de conseguilo non se queda máis ca nun inútil intento. A ver se vai ser certo que xa manda máis Zara co noso estilo, a ver se vai ser certo que no século XXI non somos máis ca obxeto e vítimas dun ambicioso mundo comercial.

martes, 25 de mayo de 2010

Lembrades como comezou todo?

eu sí.

Tiñamos tan só 12 aniños, algúns aventaxados xa 13.
Nas nosas pequenas caras divisábase o medo ante o descoñecido, ante todo aquelo que hoxe nos resulta máis que habitual e que para entón somellaba algo extraterrestre.
Recordo como eramos case os últimos en ser atendidos na "cafeta", por ser aqueles "pitiños" que piochaban pouco e non eran demasiado altos.
Eramos separatistas, os de antas, os do número 1, os dos pinos....sen embargo, foron precisos poucos días para que a cousa mudara. Fusiónamonos e formamos pequenas pandillas, das que logo xurdirían verdadeiras amizades.
Co tempo, algúns quedaron polo camiño, outros continuamos. E mañá remata todo. Xa cun título na man, despedímonos do instituto e dunha etapa das nosas curtas vidas.
O ir e vir de profesores, os cambios de clase, os recreos, as horas libres, as excursións...todo. Un cúmulo de cousas nos ensinou que un curso non so se resume nas mates e na lingua, por exemplo. Quizais a maior aprendizaxe posible destes anos se atope en cada un de vós, en cada persoa que aportou un milésima a cada segundo desta gran historia. En cada aperta ao entrar e sair dun exame, nos numerosos "sorte" que pronunciamos, no compañeirismo dalgúns fronte a competitividade doutros, naqueles profesores que deixaron de ser simplemente isto para convertérense en verdadeiros compañeiros, dos que aprendemos, en efecto que si. Moitos minutos desperdiciamos nese edificio, edificio que maldecimos unha e outra vez, pero que aínda que nos pese, botarenos de menos.
Futuros incertos, ilusións por cumprir, obxectivos realizables e non realizables...
queremos coñecer e ver mundo. Pero non queremos olvidarnos desto, destes anos, que foron decisivos, culminantes, imprescindibles para crear persoas, para crearnos, para coñecer, para coñecernos, para explorar e ser explorados...para que eu sexa esto que son hoxe, e para que vos sexades gran parte do meu mundo.

Xeración do 92 e demáis compañía, grazas.