martes, 25 de mayo de 2010

Lembrades como comezou todo?

eu sí.

Tiñamos tan só 12 aniños, algúns aventaxados xa 13.
Nas nosas pequenas caras divisábase o medo ante o descoñecido, ante todo aquelo que hoxe nos resulta máis que habitual e que para entón somellaba algo extraterrestre.
Recordo como eramos case os últimos en ser atendidos na "cafeta", por ser aqueles "pitiños" que piochaban pouco e non eran demasiado altos.
Eramos separatistas, os de antas, os do número 1, os dos pinos....sen embargo, foron precisos poucos días para que a cousa mudara. Fusiónamonos e formamos pequenas pandillas, das que logo xurdirían verdadeiras amizades.
Co tempo, algúns quedaron polo camiño, outros continuamos. E mañá remata todo. Xa cun título na man, despedímonos do instituto e dunha etapa das nosas curtas vidas.
O ir e vir de profesores, os cambios de clase, os recreos, as horas libres, as excursións...todo. Un cúmulo de cousas nos ensinou que un curso non so se resume nas mates e na lingua, por exemplo. Quizais a maior aprendizaxe posible destes anos se atope en cada un de vós, en cada persoa que aportou un milésima a cada segundo desta gran historia. En cada aperta ao entrar e sair dun exame, nos numerosos "sorte" que pronunciamos, no compañeirismo dalgúns fronte a competitividade doutros, naqueles profesores que deixaron de ser simplemente isto para convertérense en verdadeiros compañeiros, dos que aprendemos, en efecto que si. Moitos minutos desperdiciamos nese edificio, edificio que maldecimos unha e outra vez, pero que aínda que nos pese, botarenos de menos.
Futuros incertos, ilusións por cumprir, obxectivos realizables e non realizables...
queremos coñecer e ver mundo. Pero non queremos olvidarnos desto, destes anos, que foron decisivos, culminantes, imprescindibles para crear persoas, para crearnos, para coñecer, para coñecernos, para explorar e ser explorados...para que eu sexa esto que son hoxe, e para que vos sexades gran parte do meu mundo.

Xeración do 92 e demáis compañía, grazas.