martes, 6 de abril de 2010

Tí sabes que vai por tí.

Non fai falla que me sente ao teu carón nun bus nin que escriba o teu nome nun blog.
...
As nosas conversas mudaron de sentido nestes últimos anos.
Tamén as nosas vidas.
E o noso "ver as cousas".
¡Quen sabe o que nos deparará o porvir!

Sen embargo moito nos gusta inventarnos posibles presentes e futuros.
Creamos verdadeiras obras de teatro nas que xogamos a ser as principais portagonistas, construimos un mundo, pode que fictício, a partir de feitos aislados. ¿Peros sabes qué?
son esas esceas as que nos fan sentir espertas e vivas, as que manteñen as nosas ilusións en pé, as que alimentan os nosos soños sen necesidade de vivilos de verdade.


Algún día a vida amosaranos o desenlace deste espectáculo...pero mentres quero seguir interpretando. Tí tamén?

:)

É xenial. "É horrible"


Non volvas, non marches.

1 comentario:

  1. só hai unha cousa verdadadeiramente triste: que a funcion non se respecte, que en escea os personaxes vaian e veñan e non e sosteñan. enton: en que farsa vivimos? ata unha actriz ten dereito a saber con quen está a improvisar.

    pero eu son das que opina que sempre vale a pena subirse a un escenario. a maxia de saber que ali todo e posible.

    ves que facil e comezar a dicir, a falar. hoxe non durmes na cama do lado. pero compartes un mesmo codigo. o noso codigo. que curioso. cando estamos sempre e un dia redondo.
    como un donuts de bombon.

    ResponderEliminar