jueves, 22 de abril de 2010

Comeza o final.
Embarcada xa nunha viaxe que somella lonxe, pero que ten o destino máis ca preto.
Chegarei, quen sabe se con todo o que pretendín meter no saco...
Folios ciscados polo chan, despertadores ás 6 da mañá, bágoas de impotencia, adxetivos descalificativos, palabras de agradecemento, unha aperta, un SORTE, un bico...
si, aproxímase fin de curso. Aproxímase ese cambio. Aproxímase un volver a comezar, pero con milleiros de persoas no peto. Quizais se non fose por vós, todo se volvería máis duro, incluso os madrugóns para ir ata ese bus, que te conduce ata o edificio que tantas risas e choros escoitou e que tantos amoríos contemplou. Se vai ser que saben máis esas paredes de cemento, que os 500 galopíns que estamos dentro. ;)

Podo, si!

1 comentario:

  1. CHEGARAS A ONDE?
    E DE ONDE VES?
    ALGUNHAS VECES CREO QUE NON VEÑO DE NINGURES E TAMPOUCO ME DIRIXO A NADA, AQUI SIMPLEMENTE ESTOU.
    E XA NON E UNHA VIAXE, SENON UN DESTINO CONSTAMTE.

    ResponderEliminar