sábado, 20 de marzo de 2010

Un soño por cumprir. Un día esperado.

Fai menos dunha semana, estaba sentada na mesa da cociña en compaña de meus pais, na cotidiá tertulia que establecemos todos os días despois da cea. A tele estaba aburrida, só podiamos ver a 2, por mor dos inventos comerciais, que so nos queren valeirar o peto. Pero de súpeto, escoitei unha voz coñecida, a mesma que conseguira horas antes que me esquecese dos criteiros de evaluación dalgún que outro profesor, que sen dúbida, me inervan. Dixen: calade un minuto. Sí, alí estaba Sabina, cantando a miña canción. Recitando a mellor letra.
Músico. Poeta.
Nese momento, afirmei en voz alta que o iría ver en canto puidese.
Días máis tarde, en concreto antonte, mentres preparaba unha exposición oral de inglés, que precisamente levaría o seu nome, atopeime cunha destas páxinas en internet, que ao lexos paracen máis que parrafeiras, que me fixo descubrir case sen querelo que o mesmo Sabina estará en Lalín este verán, o 8 de Xullo, e eu, por suposto, recén cumpridos os 18 para entón, irei ata alí, para disfrutar do meu mellor agasallo de cumpre.

1 comentario:

  1. quizais se converta nun deses momentos que aparcen en conversas coma a de fai catro noites
    recordos que soamente existen, ainda que xa non sexan tan visibls
    ou cada vez sono mais?

    ResponderEliminar